Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (IN407A 2013/094-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Número expediente: IN407A 2013/094-1.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 19, 1º dta., 15004 A Coruña.

Denominación: reforma CT, RBT Guitoi.

Situación: concello de Carballo.

Características técnicas:

– Reforma da LMT existente, de alimentación ao actual CT tipo intemperie denominado Guitoi (expediente 51.644), modificación da servidume existente, consistente en:

– Substitución do actual condutor nu tipo LA-30 por condutor nu tipo LA-56, no treito de 103 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 6 proxectado
tipo CH-1000/11 (de ancoraxe en aliñación) que substituirá ao actual apoio nº 6 de formigón tipo HV-250/13 e o novo apoio nº 7 de formigón tipo HVH-2500/13, no que se proxecta o emprazamento do novo CT que se vai instalar.

– Novo CT tipo intemperie que se vai instalar no novo apoio de formigón tipo HVH-2500/13 anterior, de 50 kVA de potencia e relación de transformación 153/20/0,40-0,23 kV, que substituirá ao CT Guitoi tipo caseta existente.

– Reforma da RBT existente, consistente en:

– Cambio da orixe da rede de baixa tensión, que pasará a ser o novo CT Guitoi proxectado.

– Instalación de nove (9) novos apoios de formigón tipo HV, de entre 9 e 11 metros de altura, que substituirán outros tantos apoios existentes de altura ou esforzo insuficiente para o tendido dos novos condutores proxectados tipo RZ 0,6/1 kV 3 (1×95/54,6 mm2 Al/Alm) nun treito de 606 metros, tipo RZ 0,6/1 kV 3 (1×50/54,6 mm2 Al/Alm) nun treito de 66 metros e tipo RZ 0,6/1 kV 2 (1×25 mm2 Al) nun treito de 16 metros, que substituirán aos condutores actualmente existentes.

– Desmontaxe dos treitos de RBT existente que actualmente discorren por predios particulares.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao medio.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos
artigos 107, 110, 114 e 115 da lei 30/1992, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 24 de setembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña