Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45205

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2014

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2014

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o mantemento do censo catastral mineiro.

7.5.2014

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de interese xeral para o sector mineiro de Galicia.

7.5.2014

40.376,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade Editorial La Capital, S.L., editora dos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e DxT, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións relacionadas co ámbito competencial da consellería.

12.6.2014

15.447,25 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade La Voz de Galicia, S.A., editoria do xornal La Voz de Galicia, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións relacionadas co ámbito competencial da consellería.

12.6.2014

110.774,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade El Progreso de Lugo, S.L., editora do xornal El Progreso, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións relacionadas co ámbito competencial da consellería.

12.6.2014

26.117,25 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade El Faro de Vigo, S.A.U., editora do xornal El Faro de Vigo, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións relacionadas co ámbito competencial da consellería.

12.6.2014

59.436,75 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade La Región, S.A., editora do xornal La Región, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións relacionadas co ámbito competencial da consellería.

12.6.2014

17.848,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Federación Galega de Comercio para a realización de diversas actuacións de fomento do comercio retallista no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

19.6.2014

459.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, para o financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción no recinto feiral da localidade da Estrada.

18.6.2014

45.300,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación Instituto Feiral da Coruña, para o financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción, no recinto feiral Expocoruña da cidade da Coruña.

18.6.2014

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación Instituto Feiral de Vigo, para o financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción, no recinto feiral Instituto Feiral da cidade de Vigo.

18.6.2014

26.400,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, para o financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción, no Pazo de Feiras e Congresos da Cidade de Lugo.

19.6.2014

75.400,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, para o financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción, no recinto feiral da Finca Sevilla da cidade de Ourense.

19.6.2014

67.900,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Fundación do Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia para a realización de proxectos demostrativos en materia de prevención de riscos laborais.

2.7.2014

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Clúster da Pizarra de Galicia para a realización de accións complementarias aos proxectos demostrativos de loita contra o po de sílice.

14.7.2014

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Clúster da Pizarra de Galicia para a elaboración dunha guía de colocación de pizarra e a súa difusión no mercado nacional.

17.7.2014

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Asociación Gallega de Organismos de Control Autorizados para a realización dun plan de inspección en materia de seguridad industrial en 2014.

22.8.2014

300.000,00 €