Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45247

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 25 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014163AL-PO, incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Con data do 4 de setembro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 2014163AL-PO, incoado contra a entidade Troncoso Martínez, S.L.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Troncoso Martínez, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o/a asiste para presentar recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avda. Fernández Ladreda, número 43, 1º, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte, e 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Abanca), do BBVA transacción 1316 NIF S1511001H ou en http://www.cistec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 25 de setembro de 2014

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2014163AL-PO.

Denunciada: Troncoso Martínez, S.L., con CIF B27708890.

Último enderezo coñecido: porto pesqueiro, lonxa de grandes peixes e baixura, oficina 3 bis, 36202 Vigo.

Feito imputado: infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos:

– Artigos 3 e 4.2 e capítulo IX punto 5 do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Punto A.1 do capítulo III da sección VIII e número 1 do capítulo VII da sección VIII do anexo III do Regulamento (CE) 853/2004, do 29 de abril, polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal.

Tipificación: infracción leve, segundo o artigo 51, punto 1, parágrafos 4 e 10 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción imposta: mil cincocentos euros (1.500,00 €).