Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 4322/2014, interposto polo Colexio Oficial de Enfermaría de Pontevedra contra a Orde do 30 de xuño de 2014 de delegación de competencias no Consello Xeral de Enfermaría de España en materia de formación continuada.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado pola Sala do Contencioso-Administrativo (Sección Segunda) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 4322/2014, interposto polo Colexio Oficial de Enfermaría de Pontevedra contra a Orde do 30 de xuño de 2014 de delegación de competencias no Consello Xeral de Enfermaría de España en materia de formación continuada, esta secretaría xeral técnica resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para os efectos da súa incorporación aos autos da súa razón.

Polo exposto, mediante esta resolución emprázanse os interesados para que poidan comparecer e constituírse como parte nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2014

Josefina Monteagudo Romero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade