Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 21 de outubro de 2014 Páx. 44996

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de outubro de 2014 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 257/2014 no expediente de reposición da legalidade IU2/43/2013, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario 257/2014, interposto por Taller Eléctrico de Pontevedra Sociedad Cooperativa, contra a resolución ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/43/2013, pola que declara as obras executadas en solo rústico, sen autorización urbanística, consistentes na ampliación de nave industrial, no lugar do Pío (Bora), concello de Pontevedra, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra.

Polo exposto, mediante esta resolución emprázase a Serafín Quinteiro Blanco para que poida comparecer como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística