Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44784

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5376/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5376/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 255/2009 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

Recorrentes: Televisión de Galicia, S.A., Compañía de Radiotelevisión de Galicia.

Avogado: José Vicente Guzmán Ares.

Procurador: Diego Ramos Rodríguez.

Recorridos: Vedior Trabajo Temporal ETT, S.A., Laborman Trabajo Temporal ETT, S.A., Laborman Empresa de Trabajo Temporal, S.A., People Trabajo Temporal ETT, S.A. (agora Sesa Star España ETT, S.A.), Sesa Start España ETT, S.A.U. (actualmente, Unique ETT Interim, S.A.U.), People Galicia, S.L. ETT, P&P Azafatas, S.L., Vanenfurgo, S.L., Azanova Pardo, S.L. (antes Azanova Aruna, S.L.), Izfs-Inova, S.L., Nuria Carmen Pardo Ciorraga Barros, Rosa María Portela Pazos.

Avogados: Ana Pérez Salcedo e Javier de Cominges Cáceres.

M. Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5376/2012, no que é recorrente Televisión de Galicia, S.A., Compañía de Radiotelevisión de Galicia e recorridos Vedior Trabajo Temporal ETT, S.A., Laborman Trabajo Temporal ETT, S.A., Laborman Empresa de Trabajo Temporal, S.A., People Trabajo Temporal ETT, S.A. (agora Sesa Star España ETT, S.A.), Sesa Start España ETT, S.A.U. (actualmente, Unique ETT Interim, S.A.U.), People Galicia, S.L. ETT, P&P Azafatas, S.L., Vanenfurgo, S.L., Azanova Pardo, S.L. (antes Azanova Aruna, S.L.), IZFS-Inova, S.L., Nuria Carmen Pardo Ciorraga Barros, Rosa María Portela Pazos sobre outros dereitos de Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Televisión de Galicia, S.A., e Compañía de Radio Televisión de Galicia, S.A., contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, nos presentes autos tramitados por instancia de Nuria Carmen Prado Ciorraga Barros, fronte a Televisión de Galicia, S.A., e Compañía de Radio Televisión de Galicia, S.A., e outros, debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza, con imposición á recorrente das custas causadas polo seu recurso, que incluirán a cantidade de 500 euros en concepto de honorarios do letrado da parte impugnante.

Déaselle o destino legal aos depósitos e consignacións constituídos para recorrer, unha vez alcance firmeza a presente resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste para efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Vanenfurgo, S.L. actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en r/ Pi y Margall, 101, Vigo (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 26 de setembro de 2014

A secretaria xudicial