Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 30 de setembro de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística derivada do expediente PON/370/2014, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa interesada ausente na repartición.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo, DOG núm. 59, do 27 de marzo), acordou, o 7 de agosto de 2014, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na ampliación dunha edificación residencial no barrio de Palmás, núm. 31, Domaio, no termo municipal de Moaña, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a María Celeste Pastoriza Curro, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística