Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44701

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 15 de setembro de 2014 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2012003164 e oito máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula, ás persoas que se relacionan no anexo, os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00995 recuperación ambiental da enseada de Vilavella, senda peonil de conexión coas Aceas e rehabilitación dos muíños de marea e de regato. Termo municipal de Ribadeo.

Concello: Ribadeo.

Provincia: Lugo.

Expropiante: Concello de Ribadeo.

Beneficiario: Concello de Ribadeo.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data do acto
que se notifica

Nº de expediente

Predio

Prezo xusto (€)

José Manuel Recouso Silveira

Víctor Navarro García-Bermúdez

José Manuel Recouso Silveira

Víctor Navarro García-Bermúdez

Hros. de Ángel López Martínez

Hros. de Ángel López Martínez

Manuel Fernández Nieto

Hros. de Ángel López Martínez

Ángel Torrado Cruz

26.6.2014

26.6.2014

26.6.2014

26.6.2014

26.6.2014

26.6.2014

26.6.2014

26.6.2014

26.6.2014

2012003164

2012003164

2012003165

2012003165

2012003166

2012003168

2012003169

2012003170

2012003171

2

2

3

3

4

6

7

8

9

45.540,94

45.540,94

52.910,30

52.910,30

2.336,27

836,03

5.239,42

3.376,80

3.271,80