Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 15 de setembro de 2014 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2013000493 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula, ás persoas que se relacionan no anexo, os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01327 enlace da terceira rolda coa autovía AC-14 nas Lonzas. Termo municipal da Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Expropiante: Concello da Coruña.

Beneficiario: Concello da Coruña.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data do acto
que se notifica

Nº de expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Severiano Núñez Ventura

Ofelia Caamaño Martínez

María Jesús Deus Rama

10.7.2014

10.7.2014

10.7.2014

2013000493

2013000498

2013000500

55

60

61

217.502,04

127.289,01

248.763,31