Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44709

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da formalización do contrato do servizo de comida no fogar.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: ref. 2290.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación, mediante procedemento aberto e múltiples criterios de adxudicación, do servizo de comida no fogar no concello de Ourense.

c) CPV: 55312000-6 e 55521100-9.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Perfil do contratante, Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial da provincia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 24 de abril de 2014; 30 de abril de 2014 e 29 de abril de 2014.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 6,00 euros/menú. IVE: 0,24 euros. Importe total: 6,24 euros/menú.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 28 de agosto de 2014.

b) Data de formalización: 25 de setembro de 2014.

c) Contratista: Galicia Vella de Inversiones y Logística, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 5,75 euros/menú. IVE: 0,23 euros. Importe total: 5,98 euros/menú.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a adxudicación baséase nas propostas da mesa de contratación e nos informes técnicos existentes no expediente que serven de motivación ao acto administrativo.

Ourense, 25 de setembro de 2014

Agustín Fernández Gallego
Alcalde