Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44708

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de correción de erros (expediente O-24/2014).

Rectifícase o anuncio publicado no DOG do 15 de outubro de 2014, páxina 44362, relativo á contratación das obras de reforma dun local municipal para viveiro de empresas situado no polígono 4 «Papagaio-Tabares» do PEPRI, exclusivamente no seu punto 7, no cal deberá constar:

7. Clasificación: grupo C, subgrupo 4, categoría d).

Según o artigo 75 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos, o prazo de presentación de ofertas será de 15 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de outubro de 2014

P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente alcalde responsable de Facenda e Administración Pública