Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo para a realización de obradoiros itinerantes e excursións para o fomento do consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura nos campamentos xuvenís, centros escolares e actividades culturais, que se realizarán nos anos 2014 e 2015 (dous lotes), actuación cofinanciada polo Fondo Europeo da Pesca, nun 75 %, eixe 3, medida 4 (expediente 15/2014).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a realización de obradoiros itinerantes e excursións para o fomento do consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura nos campamentos xuvenís, centros escolares e actividades culturais, que se realizarán nos anos 2014 e 2015.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20597

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 103, do 2 de xuño de 2014.

e) División por lotes e número: si.

• Lote 1: realización de obradoiros itinerantes para o fomento do consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura nos campamentos xuvenís, centros escolares, e actividades culturais.

• Lote 2: realización de excursións para o fomento do consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura entre a poboación infantil.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 380.000 €, IVE (21 %): 79.800,00 €. Importe total: 459.800,00 € (a distribución por lotes especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 380.000 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

• Lote 1: realización de obradoiros itinerantes.

a) Data da resolución de adxudicación: 23 de setembro de 2014.

b) Adxudicataria: Fundación de Estudios e Análises (Fesan).

c) Importe sen IVE: 140.220,00 €.

IVE 21 %: 29.446,20 €.

Importe total: 169.666,20 €.

d) Data de formalización do contrato: 26 de setembro de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

• Lote 2: realización de excursións.

a) Data da resolución de adxudicación: 23 de setembro de 2014.

b) Adxudicataria: Fundación de Estudios e Análises (Fesan).

c) Importe sen IVE: 153.800,00 €.

IVE 21 %: 32.298,00 €.

Importe total:186.098,00 €.

d) Data de formalización do contrato: 26 de setembro de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2014

Mª Isabel Concheiro Rodríguez Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar