Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ACORDO do 22 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se dá publicidade ao inicio de varios expedientes de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, procédese a dar publicidade á parte substantiva dos acordos adoptados pola Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Lugo.

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que, consonte o previsto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situada na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Atención, Participación e Empregabilidade de Estudantes Universitarios do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditará resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Con todo, no suposto de que os interesados estean conformes coa obriga do reintegro, poderán facer efectivo o reintegro en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, e darase así por concluído o expediente».

Lugo, 22 de setembro de 2014

María del Carmen Gueimunde González
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado: El Alami Ilias.

NIF: Y0308888N.

Importe: 590,00 €.

Curso: 2012/13.

Causa: 1.10.

Interesado: Cela Díaz, Eduardo.

NIF: 76583661D.

Importe: 3.007,00 €.

Curso: 2012/13.

Causa: 1.10.

Interesado: García Gómez, Laymin.

NIF: 34275771K.

Importe: 2.436,00 €.

Curso: 2012/13.

Causa: 1.10.

Interesado: Machado da Purificaçao, Joel Alexandre.

NIF: Y0097645R.

Importe: 3.007,00 €.

Curso: 2012/13.

Causa: 1.10.

Interesado: Martínez Cantizano, Damián.

NIF: 45688787T.

Importe: 2.244,00 €.

Curso: 2012/13.

Causa: 1.1.

Interesada: Sánchez Roberto, Paloma.

NIF: 36556520A.

Importe: 2.296,00 €.

Curso: 2012/13.

Causa: 18.1.

Interesado: Senra Otero, Héctor.

NIF: 36163283S.

Importe: 5.069,00 €.

Curso: 2012/13.

Causa: 1.10.

Interesado: Suárez Azogue, Adam.

NIF: 72102828J.

Importe: 603,00 €.

Curso: 2012/13.

Causa: 1.10.