Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 20 de agosto de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se notifica a Milagrosa María Ferrera López, en representación de María Emilia Barbeito Ferreira e outras 389 persoas máis, o Acordo do 7 de agosto de 2014, polo que se amplía o prazo de resolución e notificación da tramitación do expediente administrativo correspondente á reclamación interposta o 13 de maio de 2014 por María Emilia Barbeito Ferreira e trescentas oitenta e nove persoas máis.

O xerente da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, ao abeiro das funcións e competencias atribuídas pola letra s) do artigo 4.5 do Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG nº 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, intentou infrutuosamente a notificación a Milagrosa María Ferrera López, en representación de María Emilia Barbeito Ferreira e outras 389 persoas máis, do seu acordo do 7 de agosto de 2014, relativo á ampliación, ata o seu prazo máximo de resolución e notificación, da tramitación do expediente administrativo correspondente á reclamación interposta o 13 de maio de 2014 por María Emilia Barbeito Ferreira e outras 389 persoas máis.

Ante a imposibilidade da súa notificación persoal no lugar sinalado para os efectos de notificacións, e de conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por medio da presente cédula notifícaselle a Milagrosa María Ferrera López o precitado acordo da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña do 7 de agosto de 2014.

Comunícaselle, así mesmo, que o citado acordo está á súa disposición nas dependencias da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña (Hospital Universitario A Coruña, As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Hotel de Pacientes, 6ª planta. Servizo de Asesoría Xurídica) e poderá acceder a el das 8.00 ás 15.00 horas, nun prazo de 15 días a partir da publicación no DOG da presente cédula.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Advírtese que, no caso de non comparecencia no prazo sinalado, o acordo se considerará notificado.

A Coruña, 20 de agosto de 2014

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña