Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental da planta de xestión de residuos e fabricación de biodiésel no concello de Cerceda, promovida por Energía Gallega Alternativa, S.L. (clave 2014/0070).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 16 de setembro de 2014, sobre a planta de xestión de residuos e fabricación de biodiésel no Concello de Cerceda, promovida por Energía Gallega Alternativa, S.L. (clave 2014/0070).

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n 2º andar).

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental