Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44658

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 2 de outubro de 2014, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente DX-00148-I-2013).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegar por escrito ante a Subdirección Xeral de Inspección do Transporte o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran quince días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2014

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

anexo

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora

Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

DX-00148-I-2013

8974-GRR

Axente de inspección DX/016

Vasse Cocina y Baño, S.L.

B70060785

Pol. Ind. Ordes, parc. 44

17705 Ordes (A Coruña)

Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

23.10.2013; 17.03

N-VI; 543,800

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación f) LOTT

801