Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 12 de setembro de 2014 pola que se notifica o Acordo do 10 de xullo de 2014 que fixa o prezo xusto do predio número 225, sito en Lousame, relativo ao proxecto 00689 (expediente 2013/000802).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula aos hros. de Consuelo Castro Abeijón o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 10 de xullo de 2014 que fixa o prezo xusto do predio nº 225, sito en Lousame, relativo ao proxecto 00689, expediente 2013/000802, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpor directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro s/n, Santiago de Compostela 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 00689 ampliación e mellora do trazado do treito p.q. 2,100 ao p.q. 6,100 da E.P. 1105 de Noia a Cabo de Cruz.

Nº de expediente: 2013/000802.

Persoas que se notifican: hros. de Consuelo Castro Abeijón.

Expropiante: Deputación Provincial da Coruña.

Expropiados: hros. Consuelo Castro Abeijón.

Beneficiaria: Deputación Provincial da Coruña.

Predio nº: 225.

Concello: Lousame.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do Xurado: 409,09 €.