De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible efectuar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante a presente cédula, a Jesús José Cedeira Vázquez, o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 22 de maio de 2014 que fixa o prezo xusto do predio nº 114, sito en Arteixo, relativo ao proxecto 00833, expediente 2013/000183, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpor directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, 15703.
3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2014
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 00833 proxecto sectorial do Parque de Actividades Económicas de Arteixo.
Nº de expediente: 2013/000183.
Persoa que se notifica: Jesús José Cedeira Vázquez.
Expropiante: Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Expropiado: Jesús José Cedeira Vázquez.
Beneficiaria: Xestur A Coruña, S.A.
Predio nº: 114.
Concello: Arteixo.
Provincia: A Coruña.
Valoración da resolución do Xurado: 53.163,08 €.