Advertidos erros no citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 189, do 3 de outubro de 2014, é necesario efectuar as seguintes modificacións:
No punto primeiro, nas especialidades de Organización e Procedementos de Mantemento de Vehículos (590111) e Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica (590112), páxinas 43190 e 43191, deben engadirse, na epígrafe de titulación exixida, Enxeñería Agrícola e Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos.