Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44270

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria do 26 de febreiro de 2014 para a provisión mediante nomeamento temporal de praza vacante na categoría de facultativo especialista de Medicina Preventiva no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Por Resolución da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés do 26 de febreiro de 2014, formalízase convocatoria de selección temporal de diversas prazas de persoal facultativo especialista de área, con publicidade mediante anuncio no DOG nº 62, do 31 de marzo, entre elas unha praza de Medicina Preventiva.

A lista de admitidas e a composición da comisión de avaliación foi publicada o día 23 de maio mediante Resolución da Xerencia do 22 de maio de 2014. O 26 de xuño de 2014 publícase a Resolución da Xerencia do 25 de xuño de 2014 pola que se publica a lista definitiva de aspirantes admitidas así como os acordos da comisión sobre criterios de avaliación da entrevista, data, lugar e hora da entrevista.

O 3 de xullo tivo lugar a entrevista das aspirantes á praza vacante para a selección temporal de facultativo especialista en Medicina Preventiva e de acordo co disposto no número 9 da convocatoria citada, a comisión de avaliación remitiu á Xerencia a proposta de avaliación de aspirantes para a súa publicación. O 13 de agosto foi publicada a relación provisional de puntuacións con prazo de 10 días para presentar reclamacións.

Transcorrido o citado prazo, tras a resolución das reclamacións, a comisión de avaliación remitiu a Xerencia o acordo coas puntuacións definitivas, publicado por Resolución do 16 de setembro de 2014.

Así, de acordo coa convocatoria citada, recibido o acordo da comisión o 16 de setembro, e en uso das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 47, do 7 de marzo), e a Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG nº 188, do 30 de setembro), modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo) o xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Declarar resolta a convocatoria referida e adxudicar o nomeamento temporal en praza vacante de facultativo especialista de Medicina Preventiva a favor de María Jesús García García.

No prazo máximo de 10 días desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución, deberá presentar a documentación que se recolle no punto 10 da convocatoria.

De non presentar a documentación requirida no prazo establecido, non poderá ser nomeada e quedarán sen efecto todas as actuacións. No caso de que a praza quede vacante, procederase a declarar seleccionada a aspirante con maior puntuación segundo a orde de prelación na lista definitiva publicada pola Resolución da Xerencia do 16 de setembro de 2014.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Pontevedra, 17 de setembro de 2014

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés