Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44260

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2014, do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se anuncia a exposición pública da relación definitiva de admitidos e excluídos e se determinan as datas, o lugar e os horarios de realización dos correspondentes exercicios.

En sesión do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, convocadas mediante Resolución do 20 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Mobilidade (Diario Oficial de Galicia nº 131, do 11 de xullo), acordouse, de conformidade co disposto nas bases sexta punto 5 e oitava punto 1 da mencionada resolución.

Primeiro. Facer pública a relación definitiva de admitidos e excluídos para a realización das mencionadas probas e proceder á exposición pública da referida lista definitiva na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais da dita consellería, da Dirección Xeral de Mobilidade e dos servizos de Mobilidade.

Segundo. As correspondentes probas terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa de Madrid, 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela.

Os ditos exercicios realizaranse na data e nos horarios que a seguir se indican.

– Xoves 30 de outubro de 2014.

Modalidade por estrada: certificado de conselleiro de seguridade ADR.

Obtención de todas as clases: 8.30 horas.

Renovación de todas as clases: 9.30 horas.

Obtención da clase 1: 16.30 horas.

Renovación da clase 1: 17.30 horas.

Obtención da clase 2: 14.30 horas.

Renovación da clase 2: 15.30 horas.

Obtención das clases 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9: 12.30 horas.

Renovación das clases 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9: 13.30 horas.

Obtención da clase 7: 8.30 horas.

Obtención de materias líquidas: 10.30 horas.

Renovación de materias líquidas: 11.30 horas.

Modalidade por ferrocarril: certificado de conselleiro de seguridade RID.

Obtención de todas as clases: 10.30 horas.

Renovación de todas as clases: 11.30 horas.

Terceiro. Para os efectos de proceder á realización dos correspondentes chamamentos, os aspirantes deberán presentarse ás probas 15 minutos antes do comezo de cada exercicio.

Cuarto. Os interesados serán convocados para cada exercicio en chamamento único, resultando excluído da súa realización quen non compareza no dito momento.

Quinto. Os aspirantes excluídos por non comparecer no momento do chamamento non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.

Sexto. Os aspirantes terán que se presentar ás probas provistos do orixinal do seu documento nacional de identidade. Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios a aqueles candidatos que carezan da referida documentación. Tales aspirantes excluídos non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.

Sétimo. Os interesados deberán levar bolígrafo e, para a realización do suposto práctico, o ADR ou RID e máquina calculadora sen memoria RAM.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2014

Mercedes López Caneda
Presidenta do tribunal