Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 14 de outubro de 2014 Páx. 44169

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (56/2014).

Despedimento/cesamentos en xeral 56/2014 F.

Demandante: David Iglesias Castellanos.

Demandada: empresa José García Aguiar.

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 56/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Iglesias Castellanos contra a empresa José García Aguiar, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza: 443/2014.

Número de autos: 56/2014.

Na cidade da Coruña, vinte e cinco de setembro de dous mil catorce.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do Xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante David Iglesias Castellanos, que comparece por si mesmo, e doutra como demandada a empresa José García Aguiar e Fogasa, que non comparecen malia estaren citados en legal forma.

Decisión:

Debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por David Iglesias Castellanos fronte á empresa José García Aguiar e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada son os seguintes:

– En concepto de indemnización e de optar a empresa por ela: 3.170,57 euros.

– En concepto de salarios de trámite para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 33,64 euros por día.

Modo de impugnación: advírteselles ás partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Santander a nome desta oficina xudicial; deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “34 Social suplicación”, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que no día de hoxe o maxistrado xuíz deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Mesma data que a sentenza. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa José García Aguiar, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de setembro de 2014

María Blanco Aquino
Secretaria xudicial