Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 14 de outubro de 2014 Páx. 44232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 19 de setembro de 2014, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución da adxudicación dunha vivenda de protección oficial de promoción pública á persoa interesada (expediente OU-2002/501, conta 28).

Mediante esta cédula notifícaselle á persoa que se menciona no anexo a resolución da adxudicación dunha vivenda de protección oficial de promoción pública, expediente OU-2002/501, conta 28, situada na avenida Compostela, núm. 122 B, 3º b; 32500 do Carballiño, por non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ao abeiro do disposto no artigo 28 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, o interesado dispón dun prazo de quince (15) días para aceptar ou renunciar á adxudicación da vivenda e, no caso de aceptala, deberá efectuar, dentro do prazo indicado, o ingreso da fianza arrendaticia e achegar a documentación que se cita na mencionada resolución.

Ourense, 19 de setembro de 2014

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa de Área Provincial de Ourense

ANEXO

Nicolás Pascal Derval.

Rúa Brasil, núm. 9, 2º; 32300 O Carballiño.