Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 14 de outubro de 2014 Páx. 44233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 18 de agosto de 2014, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa dentro de dominio público portuario do porto de Cariño por parte de Unión Fenosa Distribución, S.A. con destino á instalación dunha liña de media tensión soterrada.

José Antonio Fernández Amaro con DNI 34946783-P, actuando en representación de Unión Fenosa Distribución, S.A., de CIF A-63222533, presenta escrito de solicitude dunha concesión administrativa dentro de dominio público portuario do porto de Cariño con destino á instalación dunha liña de media tensión soterrada.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte de Portos de Galicia, sitas na r/ Nicomedes Pastor Díaz núm. 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 18 de agosto de 2014

Antonio López Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Norte