Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 14 de outubro de 2014 Páx. 44244

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 7 de outubro de 2014 pola que se notifica resolución de expediente de caducidade de autorización temporal de atracada co número P7-24E das instalacións náutico-deportivas do porto de Ribadeo.

Con data do 24 de setembro de 2014, o presidente de Portos de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 40.2.b) do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, emitiu resolución que decreta a caducidade da autorización temporal de atracada que se cita con anterioridade, da cal é titular Juan Manuel García Medina.

Intentada a notificación da resolución no enderezo que consta no expediente, sito en Los Mártires, 18, portal 2, baixo C, de Boadilla del Monte, Madrid, a través do servizo de Correos, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Boadilla del Monte esta resolución de caducidade.

A resolución emítese pola concorrencia da causa de caducidade prevista no artigo 40.1.b) do Decreto 130/2013, por estaren pendentes de aboamento en período executivo as liquidacións da taxa portuaria X-5, embarcacións deportivas e de lecer, correspondentes á totalidade dos anos 2011, 2012 e 2013.

A resolución de caducidade determina a extinción da autorización, a prohibición de uso da praza de atracada e a obriga de retirar a embarcación nun prazo máximo de cinco (5) días contados desde a publicación da cédula no Diario Oficial de Galicia, motivada polo perigo de afundimento da embarcación a causa do seu deficiente estado de conservación.

No caso de incumprimento, a embarcación será retirada e depositada en seco de maneira subsidiaria e á custa do propietario por Portos de Galicia, que pasará por isto o oportuno custo e que non asumirá responsabilidade ningunha derivada dos danos ou deméritos que poida sufrir a embarcación.

A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo nun prazo máximo de dous meses contados desde a súa publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, ou recurso potestativo de reposición, perante esta presidencia, nun prazo dun mes, contado desde a mesma data.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia