Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 13 de outubro de 2014 Páx. 44109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 24 de setembro de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística derivado do expediente PON/313/2014-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultaren os seus interesados ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 23 de xuño de 2014, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo rústico consistentes na instalación dunha vivenda prefabricada, no lugar de Pontes, Noalla, no termo municipal de Sanxenxo, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Alfonso Torres Alonso e Mónica del Olmo de la Vega, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba en que se concreten os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística