Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 13 de outubro de 2014 Páx. 44107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de setembro de 2014 pola que se notifica a orde de cesación de actividade, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu interesado ausente na repartición (expediente PON/344/2014-S1).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 25 de agosto de 2014, ditou resolución pola que se ordena a cesación inmediata da actividade de carpintaría de madeira realizada en solo de núcleo rural sen licenza municipal, no lugar de Campelo, parroquia de San Clemente de Cesar, no termo municipal de Caldas de Reis, provincia de Pontevedra.

Advírtese o interesado de que, se houbese incumprimento da orde de cesación da actividade no prazo de 24 horas seguintes á notificación desta resolución, se ordenará a precintaxe do local e impoñeranse multas coercitivas por importe de 600 a 6.000 euros, reiterables ata lograr o cumprimento da orde de cesación.

Así mesmo, no caso de incumprimento da orde de cesación da actividade, darase conta ao Ministerio Fiscal para os efectos da exixencia da responsabilidade penal que proceda, de conformidade co establecido no artigo 634 do Código penal.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a José Manuel Martínez Ferro, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística