Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 13 de outubro de 2014 Páx. 44117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 3 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica á persoa interesada o acordo de inicio do expediente sancionador ES-P-0030/14.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa interesada o acordo de inicio do expediente sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 3 de setembro de 2014

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Interesado: Manuel Alejandro Villamayor Fleitas.

Expediente: ES-P-0030/14.

Último domicilio coñecido: r/ Ignacio Grobas Lavadores 17, esc. 2, Pl. 02, Pt.: I. Vigo.

Indicación do contido: notifícase o acordo de inicio do procedemento sancionador ES-P-0030/14 contra Manuel Alejandro Villamayor Fleitas, como suposto responsable dunha infracción leve, segundo o disposto nos artigos 110 e 112 da Lei 18/2008, do 26 de decembro, de vivenda de Galicia.

Alegacións: de acordo co sinalado no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, concédeselle á persoa interesada un prazo de 15 días, que se contarán a partir do seguinte ao da notificación deste acordo, para achegar as alegacións, documentos e, de ser o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.