Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 10 de outubro de 2014 Páx. 43988

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2014 pola que se anuncia a contratación do contrato mixto de subministración de electrónica de comunicacións, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), mediante tramitación documentalmente simplificada.

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Cixtec.

2) Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

4) Teléfono: 981 54 13 37.

5) Telefax: 981 54 12 70.

6) Enderezo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

8) Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 2014-021.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: mixto, subministracións.

b) Descrición do obxecto: contrato mixto de subministración de electrónica de comunicacións, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) Lugar de entrega: o indicado no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de entrega/execución: 12 meses, contados desde a formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 32420000-3.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

d) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Financiamento.

Esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13, e nun 20 %, con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI) e con cargo á aplicación orzamentaria 06.A1.611A.626.0 do Cixtec.

5. Valor estimado do contrato.

Importe: 125.000,00 euros.

6. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 125.000,00 euros. Importe total: 151.250,00 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2014: 139.150,00 €.

Exercicio 2015: 12.100,00 €.

7. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional (se é o caso): a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas:

1) Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

2) Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: www.conselleriadefacenda.es/silex

2) Documentación presentada en sobre pechado:

– Dependencia: Rexistro Xeral do Cixtec.

– Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

– Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Cixtec.

b) Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:

– Data: o quinto (5º) día hábil, contado a partir do seguinte ao de remate de presentación de ofertas. Se ese día coincide en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

– Hora: 10.00 horas.

11. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios correrán a cargo do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 euros por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2014

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable