Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 10 de outubro de 2014 Páx. 43985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento de diálogo competitivo, do servizo de xestión da mobilidade do transporte público regular de persoas de uso xeral por estrada de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 48/2014).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 48/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación do servizo de xestión de mobilidade do transporte público regular de persoas de uso xeral por estrada de Galicia.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución estímase inicialmente en cinco anos, aínda que podería modificarse atendendo ao resultado do diálogo competitivo.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: diálogo competitivo.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 1.867.768,60 €, máis 392.231,40 € que corresponden ao IVE, o que supón un total de 2.260.000 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21323.

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das solicitudes de participación.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase o punto 6.2 do documento descritivo (prego de cláusulas administrativas particulares).

8. Presentación de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de solicitudes de participación rematará o día 12.11.2014, de acordo co establecido no artigo 164 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no documento descritivo (prego de cláusulas administrativas particulares-PCAP).

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a solicitude se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 6.1 do documento descritivo (PCAP).

9. Apertura da documentación.

O lugar, día e hora de apertura da documentación indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a selección de candidatos e para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no documento descritivo (PCAP).

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 6 de outubro de 2014.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia