Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 10 de outubro de 2014 Páx. 44018

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de licitación da xestión do servizo público da ludoteca.

Na Xunta Local de Goberno do 3 de setembro de 2014 aprobouse o expediente de contratación da xestión do servizo público da ludoteca.

Durante o prazo de presentación de instancias permanecerán, así mesmo, expostos os correspondentes pregos e poderanse presentar as alegacións que se entendan oportunas.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: xestión do servizo público da ludoteca. Prazo de duración: dous (2) anos prorrogables por outros dous.

3. Procedemento: aberto.

4. Canon anual mínimo: 1.000 euros/ano, ao cal se lle engadirá o IVE.

5. Garantías. Provisoria: non se exixe. Definitiva: 50 % do valor do canon anual ofertado e, en todo caso, por unha contía mínima de 2.000 euros.

6. Obtención de información e documentación: a través da páxina web do Concello: http://www.concellomos.es/ e no Concello de Mos. R/ Reguengo, 1, Petelos, 36416 Mos (Pontevedra). Teléfono: 986 33 12 00, telefax: 986 33 66 18.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante os quince (15) días naturais desde o seguinte ao de publicación do presente anuncio no último boletín, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres e das 9.30 ás 13.00 horas os sábados, no Rexistro Xeral do Concello para os efectos dos posibles trámites que se realizarán na caixa de depósitos municipal, que os sábados permanecerá pechada.

b) Documentación que cómpre presentar: as proposicións constarán de tres sobres pechados (A, B e C) e farase constar en todos eles o obxecto da licitación, segundo a cláusula 11.

9. Apertura da documentación: na Casa do Concello de Mos, o primeiro mércoles ou venres hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo sinalado para a súa presentación, segundo a cláusula 17 do prego de condicións administrativas.

10. Modelo de proposición contido nos pregos de cláusulas administrativas.

Mos, 10 de setembro de 2014

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa