Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 10 de outubro de 2014 Páx. 44020

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federación Galega de Caza

ANUNCIO de modificación dos estatutos.

Aprobada a modificación dos estatutos pola asemblea xeral da Federación Galega de Caza en reunión que tivo lugar o 27 de decembro de 2013, e ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte na Resolución do 19 de xuño de 2014, de conformidade co artigo 54.7 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, procédese ao anuncio da modificación dos seus estatutos, e deposítase unha copia íntegra deles no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2014

Javier Nogueira Diz
Presidente