Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 10 de outubro de 2014 Páx. 43883

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 1 de abril de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a execución de infraestruturas de uso público, destinadas aos concellos de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 3 de abril).

missing image file

Conforme o establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 22 da Orde do 1 de abril de 2014, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a execución de infraestruturas de uso público, destinadas aos concellos de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013 (DOG núm. 65, do 3 de abril), publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas con indicación das entidades beneficiarias e dos importes.

Estes fondos Feder están incluídos dentro do programa operativo Feder 2007-2013, no seu eixe 5 de desenvolvemento sustentable local e urbano, tema prioritario 58, actuación 5, que ten como fin, entre outros, as axudas ás entidades locais para infraestruturas de uso público.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por Resolución do 6 de agosto de 2014, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, destinadas a subvencionar a execución de infraestruturas de uso público por parte dos concellos de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas con fondos Feder (75 %), cun importe total de 2.012.779,42 €, con cargo á aplicación orzamentaria 05.23.141A.760.3 correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, nas contías e para as entidades beneficiarias que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2014

José Alberto Pazos Couñago
Director xeral de Administración local

Anexo
Relación de axudas destinadas a subvencionar a execución de infraestruturas
de uso público por parte dos concellos de Galicia, cofinanciadas
con fondos Feder (75 %)

Entidade beneficiaria

Departamento territorial

Importe subvención

Antas de Ulla

Lugo

36.953,23 €

Arbo

Pontevedra

8.250,39 €

Baiona

Vigo

27.592,97 €

Baleira

Lugo

16.349,39 €

Baralla

Lugo

14.250,00 €

Barco de Valdeorras, O

Ourense

26.499,00 €

Barreiros

Lugo

37.500,00 €

Begonte

Lugo

37.457,92 €

Boiro

A Coruña

36.941,57 €

Brión

A Coruña

11.668,67 €

Calvos de Randín e Blancos, Os (agrupación de concellos)

Ourense

43.122,38 €

Cañiza, A

Pontevedra

37.500,00 €

Carballeda de Avia

Ourense

10.874,85 €

Carballiño, O

Ourense

37.388,99 €

Cartelle

Ourense

37.500,00 €

Cenlle

Ourense

23.886,84 €

Cervo

Lugo

37.466,25 €

Coristanco

A Coruña

37.387,50 €

Cortegada

Ourense

22.459,19 €

Curtis

A Coruña

13.800,00 €

Dodro

A Coruña

29.998,13 €

Esgos

Ourense

11.883,75 €

Estrada, A

Pontevedra

36.574,07 €

Folgoso do Courel

Lugo

36.565,33 €

Fornelos de Montes e Lama, A (agrupación de concellos)

Vigo

43.067,97 €

Foz

Lugo

37.498,73 €

Guitiriz

Lugo

8.799,12 €

Irixo, O

Ourense

37.500,00 €

Laxe

A Coruña

7.789,07 €

Leiro

Ourense

37.095,42 €

Lourenzá

Lugo

22.496,45 €

Malpica de Bergantiños

A Coruña

31.768,98 €

Mañón

A Coruña

37.352,87 €

Meaño

Pontevedra

24.366,68 €

Merca, A

Ourense

37.497,49 €

Mesía

A Coruña

37.436,51 €

Miño

A Coruña

37.499,40 €

Monforte de Lemos

Lugo

2.925,00 €

Moraña

Pontevedra

37.468,22 €

Muíños

Ourense

37.500,00 €

Negreira e Baña, A (agrupación de concellos)

A Coruña

43.124,09 €

Nogais, As

Lugo

37.425,00 €

Nogueira de Ramuín e Parada de Sil (agrupación de concellos)

Ourense

43.125,00 €

Oroso

A Coruña

37.500,00 €

Outeiro de Rei

Lugo

37.500,00 €

Oza-Cesuras

A Coruña

37.500,00 €

Palas de Rei

Lugo

26.570,29 €

Pazos de Borbén

Vigo

6.341,61 €

Pino, O

A Coruña

19.665,22 €

Ponteceso

A Coruña

11.630,79 €

Porriño, O

Vigo

37.499,62 €

Porto do Son

A Coruña

37.500,00 €

Ribadavia

Ourense

37.499,75 €

Ribeira de Piquín

Lugo

18.797,51 €

Rosal, O

Pontevedra

11.258,76 €

Rúa, A e Petín (agrupación de concellos)

Ourense

42.750,00 €

Sarria

Lugo

37.500,00 €

Silleda

Pontevedra

37.499,72 €

Sober

Lugo

37.449,28 €

Soutomaior

Vigo

18.740,39 €

Trazo

A Coruña

37.300,85 €

Valga

Pontevedra

36.455,44 €

Verín

Ourense

37.474,18 €

Vicedo, O

Lugo

37.447,76 €

Vilar de Santos

Ourense

18.000,00 €

Vilardevós

Ourense

33.883,34 €

Vilarmaior

A Coruña

10.368,03 €

Xove

Lugo

37.040,46 €

 

Total

2.012.779,42 €