Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 10 de outubro de 2014 Páx. 43978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 23 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica a resolución da revogación da inscrición no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia.

De conformidade co disposto no artigos 59.5 y 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución de revogación da súa inscrición no Resaxega como entidade con servizos de asesoramento e/ou xestión e da súa baixa no dito rexistro.

Os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia dela.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Procedemento: notificación da resolución de revogación da inscrición no Resaxega.

Interesada: Enovid, S.C.

Acto de notificación: resolución.

Referencia Resaxega: EA_08_033.

Último enderezo coñecido: praza Alfredo Brañas, 1, baixo, 36630 Cambados, Pontevedra.

Procedemento: notificación da resolución de revogación da inscrición no Resaxega.

Interesada: Asociación de viticultores A Cuba.

Acto de notificación: resolución.

Referencia Resaxega: EA_08_032.

Último enderezo coñecido: rúa Ribeiro, 10, 32400 Ribadavia, Ourense.

Procedemento: notificación da resolución de revogación da inscrición no Resaxega.

Interesada: Agrolider Asociación de Agricultores.

Acto de notificación: resolución.

Referencia Resaxega: EA_09_044.

Último enderezo coñecido: Polígono Industrial do Salnés, nº 3, 36636 Ribadumia, Pontevedra.

Procedimiento: notificación da resolución de revogación da inscrición no Resaxega.