Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 10 de outubro de 2014 Páx. 43980

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 23 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica o requirimento de corrección de carencias detectadas no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio, o requirimento da documentación para o recoñecemento e rexistro como entidade con servizos de asesoramento e/ou xestión de Galicia (Resaxega).

Os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado requirimento e constancia deste.

En caso de non emendar as carencias detectadas procederase á suspensión da inscrición polo prazo máximo dun mes. Transcorrido este prazo sen que se emendasen as deficiencias, procederase á revogación da inscrición no Resaxega.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Procedemento: recoñecemento da inscrición no Resaxega.

Interesado: Dinamización do Medio Rural.

Acto de notificación: requirimento.

Último enderezo coñecido: rúa Pintor Laxeiro, 17-1º C, 36500 Lalín (Pontevedra).

Procedemento: recoñecemento da inscrición no Resaxega.

Interesado: Asaja Galicia.

Acto de notificación: requirimento.

Último enderezo coñecido: rúa Fiunchos, 2-baixo, 15100 Carballo (A Coruña).

Procedemento: recoñecemento da inscrición no Resaxega.

Interesado: Xestión e Aconsellamento.

Acto de notificación: requirimento.

Último enderezo coñecido: rúa Antonio Lourenzana, 1-1º, 27500 Chantada (Lugo).