Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 10 de outubro de 2014 Páx. 43955

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

EDICTO do 22 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de varios expedientes de reclamación eléctrica.

Notifícaselles, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, aos interesados a resolución do expediente de reclamación eléctrica que a continuación se relaciona no anexo, ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día.

Contra a resolución dos expedientes de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao publicación deste anuncio. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, está resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A persoa interesada poderá comparecer na xefatura territorial situada na rúa Curros Enríquez, nº 1-4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Ourense, 22 de setembro de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

IN635A 2013/193-3

Pedro González André

34630231-M

Granxa, 113-2º I

Ourense

IN635A 2014/032-3

Obdulia Cima González

34695977-V

Cesáreo González, 3

Ourense

IN635A 2014/041-3

O Pincho, S.C.

J-32447039

Ervedelo, 13

Ourense