Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 8 de outubro de 2014 Páx. 43668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2014 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, tramitación urxente e documentalmente simplificada, dun servizo consistente no desenvolvemento da estratexia e plan de medios para os produtos do mar (expediente 26/2014). Procedemento cofinanciado pola Unión Europea, fondos FEP, nun 75 %.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: servizo de contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: desenvolvemento dunha estratexia e plan de medios para os produtos do mar de Galicia, tendo en conta como valor de referencia a calidade para a súa promoción, sensibilización, comercialización e venda de produtos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: comezará o día seguinte ao da sinatura do contrato ata o 30 de decembro de 2014.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79341000-6 e 79341400.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente, documentalmente simplificado e aberto.

Criterios de adxudicación: aspectos cualitativos e cuantitativos, recollidos na alínea N da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 205.000,00 €, IVE (21 %): 43.050,00 €, importe total: 248.050,00 €

Valor estimado: 205.000,00 €.

5. Financiamento: Fondos Europeos de Pesca (FEP), nun 75 %.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo T, subgrupo 1, categoría B, segundo o indicado na alínea H da folla de especificacións.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas alíneas J e K da folla de especificacións.

7. Garantía exixida: definitiva: 10.250 € (5 % do orzamento de licitación, IVE excluído).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46 (consultas administrativas) 981 55 72 41 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21259

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito (8) días naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao de finalización do prazo de presentación de ofertas, a non ser que cadre sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, na data e na hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar