Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 8 de outubro de 2014 Páx. 43667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 10 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación de dúas resolucións de expediente tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícanselle á persoa que a continuación se indica as resolucións do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente nesta xefatura territorial.

O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de tres meses desde o día seguinte á publicación desta resolución, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial en Vigo.

– Nº expedientes: 2014/79-5 e 2014/116-5.

– Interesado: José María López Sánchez.

– Domicilio: descoñecido.

– Asunto: notificación de dúas resolucións administrativas do 9 de xullo de 2014.

Vigo, 10 de setembro de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo