Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 8 de outubro de 2014 Páx. 43699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 2 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle notifica á persoa interesada a proposta de resolución do expediente sancionador ES-P-0025/14.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a proposta de resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 2 de setembro de 2014

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Interesado: Eric Vermeulen Biller.

Expediente: ES-P-0025/14.

Último domicilio coñecido: avenida de Pacífico, bloque 1, portal 4, 1º C, Málaga.

Indicación do contido: notifícaselle a proposta de resolución do procedemento sancionador ES-P-0025/14, na cal se propón unha sanción no seu grao mínimo de multa de 600 €, de acordo co disposto no artigo 112 da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia.

Alegacións: as persoas interesadas poderán formular alegacións, así como presentar os documentos ou xustificantes que consideren convenientes, no prazo de quince (15) días contados desde a publicación. Así mesmo, poderán acceder ao contido do expediente depositado nas dependencias administrativas, de acordo co disposto nos artigos 3.1 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.