Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 7 de outubro de 2014 Páx. 43537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 24 de setembro de 2014 polo que se notifica o requirimento de documentación en relación con solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

A Academia Galega de Seguridade Pública remitiu escritos de requirimento de documentación relativos aos expedientes de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia dos/das interesados/as que se indican no anexo.

Unha vez tentada por dúas veces a notificación do citado requirimento a través do servizo de Correos no domicilio indicado polos/as interesados/as para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar e foron devoltas polo dito servizo coa indicación de «ausente na repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude do presente anuncio, notifícaselle aos/ás interesados/as que se indican no anexo o requirimento antes citado.

Os/as interesados/as poden recoller o requirimento mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmaselles aos/ás interesados/as que, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, transcorrido o dito prazo sen que comparezan, teranse por desistidos da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42.

A Estrada, 24 de setembro de 2014

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Solicitante: Fátima Cruz Fariñas.

Acto notificado: requirimento de documentación relativo á súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Marta López Oviedo.

Acto notificado: requirimento de documentación relativo á súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Noé Martínez Iglesias.

Acto notificado: requirimento de documentación relativo á súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Daniel Taboada Vila.

Acto notificado: requirimento de documentación relativo á súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.