Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 7 de outubro de 2014 Páx. 43535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 22 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada contra a imposición da segunda multa coercitiva correspondente ao expediente sancionador INC-CO-0113/2012-SUB.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada contra a imposición da segunda multa coercitiva correspondente ao expediente sancionador INC-CO-0113/2012-SUB.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Planificación Preventiva da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situadas en San Lázaro, s/n, 15707 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á notificación da presente, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, á súa elección, ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo en que o interesado teña o seu enderezo, ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2014

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: INC-CO-0113/2012-SUB.

Interesado: José Méndez Viqueira.

Acto de notificación: resolución de recurso de alzada contra a imposición da segunda multa coercitiva.

Último enderezo coñecido: lugar de Santaia de Moar, 3, 15685 Frades (A Coruña).