Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 6 de outubro de 2014 Páx. 43313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 17 de setembro de 2014 de requirimento de emenda de sinatura, no recurso presentado no expediente IU3/55/2011, devolto polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase o emprazamento para a emenda de sinatura no recurso de reposición presentado por Lorena Leiras Rodríguez contra a Resolución do 9 de abril de 2014 da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar promovidas por Lorena Leiras Rodríguez, no lugar de Vendanova, no termo municipal de Amoeiro, provincia de Ourense.

Unha vez comprobado que no recurso presentado non se consigna a sinatura do remitente, de conformidade co exixido no artigo 70 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requírese para que, no prazo de dez días hábiles, emende a deficiencia observada, e indícaselle que, se así non o fixer, se terá por desistida, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos do artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Para que conste e sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística