Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 3 de outubro de 2014 Páx. 43223

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (226/2014).

Execución de títulos xudiciais 226/2014.

Procedemento orixe: despedimentos/cesamentos en xeral 308/2014.

Sobre despedimento.

Demandante: Cristina Mariño Noya.

Avogado: Miguel Ángel Nouche Ferreira.

Demandada: Servanza, S.L.

Edicto (226/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número tres de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 226/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Mariño Noya contra a empresa Servanza, S.L., sobre despedimento, se ditou auto, con data do 15 de setembro de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante, Cristina Mariño Noya, contra Servanza, S.L., parte executada.

Notifíqueselles ás partes e a Servanza, S.L., no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Serán carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpor no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/A maxistrado/a xuíz/a O/A secretario/a xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Servanza, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014

A secretaria xudicial