Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 3 de outubro de 2014 Páx. 43238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 8 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas cinco resolucións de procedencia de reintegro de axudas e subvencións ao programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 22 de abril de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 28 de abril), relativa ao expediente TR341D 2010/704-2 e catro máis.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 8 de setembro de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2010/704-2.

Nome: Jefrey Raúl Raposo Javier.

DNI/NIF: X3118688A.

Último enderezo coñecido: r/ Corredoira, 87-2º C (Edif. Rosalía de Castro), 27400 Monforte de Lemos, Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17, letra a), da orde de convocatoria.

Contido da resolución: procedencia de reintegro ditada o 5 de agosto de 2014 polo xefe territorial de Lugo da Consellería de Traballo e Benestar.

Nº de expediente: TR341D 2010/705-2.

Nº de expediente: TR341D 2010/986-2.

Nome: Sarai dos Ramos da Silva.

DNI/NIF: 34272333X.

Último enderezo coñecido: r/ Rei Don García, 74-76, 1º B, 27002 Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17, letra a), da orde de convocatoria.

Contido da resolución: procedencia de reintegro ditada o 18 de xullo de 2014 polo xefe territorial de Lugo da Consellería de Traballo e Benestar.

Nº de expediente: TR341D 2010/987-2.

Nº de expediente: TR341D 2010/988-2.

Nome: Sarai dos Ramos da Silva.

DNI/NIF: 34272333X.

Último enderezo coñecido: r/ Rei Don García, 74-76, 1º B, 27002 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa traballadora contratada por un período de dous anos.

Precepto infrinxido: artigo 17, punto 2, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: procedencia de reintegro ditada o 18 de xullo de 2014 polo xefe territorial de Lugo da Consellería de Traballo e Benestar.