Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 3 de outubro de 2014 Páx. 43237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 19 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se notifica a Emeterio Vega Rodríguez o emprazamento para comparecencia no recurso contencioso-administrativo que interpuxo Explotaciones Mineras Gallegas, S.L. contra a Resolución do 26 de setembro de 2011 pola que se desestima a solicitude de autorización de transmisión dos dereitos mineiros da concesión de explotación Mondoñedo fracción 2, número 5530.2.

Intentada a notificación no último domicilio coñecido e despois de ser devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio desta cédula comunícaselle a Emeterio Vega Rodríguez que se está tramitando o recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 7215/2014 e 130/2014 no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, interposto por Explotaciones Mineras Gallegas, S.L. contra a Resolución do 26 de setembro de 2011 pola que se desestima a solicitude de autorización de transmisión dos dereitos mineiros da concesión de explotación Mondoñedo fracción 2, nº 5530.2, co fin de que poida comparecer, se o considera oportuno, perante o dito tribunal, no prazo de nove días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2014

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria