Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 3 de outubro de 2014 Páx. 43146

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Traballo e Benestar

DECRETO 127/2014, do 2 de outubro, polo que se nomea directora xeral de Traballo e Economía Social a María del Carmen Bouso Montero.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Traballo e Benestar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dous de outubro de dous mil catorce,

Nomeo directora xeral de Traballo e Economía Social a María del Carmen Bouso Montero.

Santiago de Compostela, dous de outubro de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar