Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 2 de outubro de 2014 Páx. 43081

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (225/2014).

Execución de títulos xudiciais 225/2014.

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 307/2014.

Sobre: despedimento.

Demandante: Clara Ramos Picón.

Avogado: Miguel Ángel Nouche Ferreira.

Demandada: Servanza, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 225/2014, deste xulgado do social, seguido por instancia de Clara Ramos Picón, contra a empresa Servanza, S.L., sobre despedimento, se ditou auto o 15 de setembro de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución do título indicado a prol do executante Clara Ramos Picón fronte a Servanza, S.L., parte executada.

Notifíqueselles ás partes e a Servanza, S.L., no taboleiro de anuncios deste xulgado e por medio de edictos no DOG, e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica dos actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión das infraccións cometidas na resolución, cumprimento ou incumprimento de orzamentos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/A maxistrado/a xuíz/a A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Servanza, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014

A secretaria xudicial