Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 2 de outubro de 2014 Páx. 43076

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto aclaratorio (DOI 386/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 386/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Concepción Baluja Sendez contra a Central de Contratación Electrónica, S.L.U. e o Fogasa sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Auto.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2014

Antecedentes de feito.

Único. No procedemento de referencia foi ditada a sentenza cuxo feito probado primeiro di o seguinte:

“Primeiro. A demandante prestou servizos para a mercantil demandada desde o 24.10.2003, coa categoría profesional de auxiliar de administración e con dereito a percibir un salario mensual bruto, incluído o rateo de pagas extraordinarias, de 660,49 euros”.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 214 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil (LAC), sobre invariabilidade das resolucións, que:

1. Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que padezan.

2. As aclaracións a que se refire o número anterior poderanse facer de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou a pedimento de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo, e neste caso será resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

Segundo. De igual forma, e en relación á emenda e complemento de sentenzas e autos defectuosos ou incompletos, o artigo 215 do mesmo corpo legal establece que:

1. As omisións ou defectos que puideren padecer sentenzas e autos e que for necesario remediar para levar plenamente a efecto as ditas resolucións poderán ser emendadas, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecidos no artigo anterior.

2. Se se tratar de sentenzas ou autos que tiveren omitido manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e tramitadas no proceso, o tribunal, por solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contados desde a notificación da resolución, logo de traslado da devandita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto polo cal resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou non haber lugar a completala.

3. Se o tribunal advertir en sentenzas ou autos que ditar as omisións a que se refire o número anterior, poderá, no prazo de cinco días contados desde a data en que se ditar, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que tiver acordado.

4. Non caberá recurso ningún contra os autos en que se completen ou se denegue completar as resolucións a que se refiren os anteriores apartados deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza ou auto a que se referise a solicitude ou a actuación de oficio do tribunal. Os prazos para estes recursos, se foren procedentes, comezarán a computarse desde o día seguinte á notificación do auto que recoñecese ou negase a omisión de pronunciamento e acordase ou denegase remediala.

Terceiro. Efectivamente, existe un erro de transcrición no feito probado primeiro ao reflectir como data de antigüidade a de 24.10.2003, cando a correcta e sinalada en demanda é de 24.3.2010, a cal serviu de base para o cálculo da indemnización, e débese, por tanto, modificar o feito probado primeiro no senso solicitado pola recorrente de aclaración.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e especial aplicación

Parte dispositiva:

Que rectifico o erro de transcrición que contén o feito probado primeiro da sentenza, o cal debe quedar redactado do seguinte xeito:

“Primeiro. A demandante prestou servizos para a mercantil demandada desde o 24.3.2010, coa categoría profesional de auxiliar de administración e con dereito a percibir un salario mensual bruto, incluído o rateo de pagas extraordinarias, de 660,49 euros“.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún, ben que poderá interporse contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nela establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma á Central de Contratación Electrónica, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2014

A secretaria xudicial