Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 2 de outubro de 2014 Páx. 42959

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva do proxecto de delimitación do núcleo rural de Lago, concello do Corgo (expediente PTU-LU-14/040).

O 12.5.2014 tivo entrada no Rexistro do Servizo de Urbanismo da Xunta en Lugo documentación do Concello do Corgo correspondente ao expediente de referencia, en relación coa súa aprobación definitiva, sobre a cal corresponde resolver á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, conforme o establecido na disposición adicional 2ª.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

A documentación consta de proxecto técnico de delimitación, redactado en setembro de 2013 por Antonio Javier Núñez Núñez, e de documentación administrativa da tramitación, con dilixencias acreditativas de tratarse do proxecto que serviu de base ao acordo de aprobación provisional adoptado o 27.3.2014.

Analizada a documentación e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

Consta a realización das seguintes actuacións:

Trámite de información pública mediante publicación de anuncios no Diario Oficial de Galicia do 3 de maio de 2012 e nos xornais El Progreso do 16 de abril de 2012 e La Voz de Galicia do 16 de abril de 2012.

Certificación do secretario municipal (16.4.2014) sobre a exposición pública do proxecto e sobre a aprobación provisional polo pleno do Concello realizada con data do 27.3.2014.

Consta informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural con data do 7.2.2014.

II. Análise e consideracións.

Púidose comprobar que no proxecto de delimitación se acredita o cumprimento dos requisitos establecidos ao respecto pola disposición adicional 2ª.2 da LOUG.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG, e co artigo 12.1 b) do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais correspóndelle á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución.

Visto canto antecede,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de delimitación de solo do núcleo rural de Lago do concello do Corgo.

2. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3. Notifíquese ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2014

Mª Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

missing image file