Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42949

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación (expediente 26/14).

Por Decreto da Alcaldía do 15 de setembro de 2014 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 26/14).

2. Obxecto do contrato: acordo marco para a subministración sucesiva de material eléctrico.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 120.000 € (99.173,55 € máis 20.826,45 € en concepto de IVE) e un prazo de execución de dous (2) anos, con posibilidade de prórroga dun (1) ano.

5. Prezos unitarios: os establecidos no prego de prescricións técnicas.

6. Garantías: non se exixen, de conformidade co establecido no artigo 95 do TRLSCP.

7. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

8. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

9. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

10. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 15 de setembro de 2014

José Nelson Santos Argibay
Alcalde